O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Ao redor desta data realizamos diversas actividades na biblioteca ou nas aulas relacionadas coa escritura e a lectura.
Hoxe compartimos unhas actividades nas que un grupo de secundaria colaborou con compañeiros e compañeiras máis pequenos.
Ata primaria chegaron para ensinarlles a facer un libriño acordeón:
Tamén quixeron acompañar os leonciños e leonciñas para facer uns marcapáxinas:
Nesta actividade tamén colaborou o Equipo de Polos Creativos, que preparou para esta data uns coellos e gravaron a base dos marcapáxinas.