venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro conmémorase o Día de Rosalía de Castro.

O noso alumnado colaborou coa proposta da biblioteca de darlles voz aos poemas da nosa autora.

Así, podemos escoitar o poema "Adiós ríos, adiós fontes" da voz do grupo de 6.º de primaria:

 

O grupo de 2.º da ESO traballou tamén con este poema. Ofrécennos a súa propia versión, xa que o imos escoitar nas súas linguas maternas:


venres, 16 de febreiro de 2024

Xoga con nós: Turbo lector


Hoxe queremos presentarvos o vídeo que prepararon uns alumnos de 3.º da ESO no que presentan o xogo Turbo lector.


É un xogo co que se traballa a comprensión lectora.
 

xoves, 8 de febreiro de 2024

E logo... por que?

Seguimos presentándovos as novidades da nosa biblioteca.

Xa temos nos nosos estantes estes libros de curiosidades. Quereredes devoralos!

Estas recomendacións chegan da man de Iván, Enmanuel, Daniel e Emanuel, de 3.º da ESO.






mércores, 7 de febreiro de 2024

Charla con Iria Misa

Esta semana visitounos Iria Misa para falar sobre a súa novela Unha veciña de película

 


O alumnado de 5.º e 6.º de primaria puido conversar con ela sobre os personaxes do libro, as películas que van aparecendo ao longo da lectura e outras cuestións relacionadas co proceso da escrita, os seus autores preferidos, etcétera.



xoves, 1 de febreiro de 2024

Elmer

Hoxe achegámosvos a recomendación de Daniela, Ana María, Diego e Hadasa. Preséntannos Elmer.



Primeiros xogos

Queremos que a biblioteca sexa un lugar de encontro. Os nosos leonciños téñeno moi claro e por iso visitan sempre que poden este espazo.  Ho...