Dentro das actividades de Polos Creativos, o alumnado de Infantil achegouse á biblioteca para traballar co xogo de construción Kapla, un material manipulativo que invita a imaxinar, probar e construír.
Exploraron diferentes formas e estruturas, colaboraron entre eles e desenvolveron a creatividade, a concentración e o pensamento espacial.
A través do xogo, descubriron que a biblioteca non é só un lugar para ler, senón tamén un espazo onde aprender facendo.








