Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2026

Como medra o noso tesouro!

O noso alumnado segue participando nesta iniciativa impulsada desde o Equipo da Biblioteca e o EDL: O tesouro das palabras.

Nesta aventura as palabras cobran vida. Deixámosvos este vídeo no que demostran que a lingua é un verdadeiro tesouro que cómpre coidar e compartir.


 

E xa vos propoñemos as últimas palabras coas que ides ter que xogar!


 



 

luns, 6 de abril de 2026

Seguimos atesourando palabras

O noso proxecto O tesouro das palabras continúa medrando grazas á participación do alumnado. Queremos compartir unhas novas achegas feitas por varios alumnos e alumnas, que seguen investigando e descubrindo palabras do noso idioma.

 

Ademais, propoñemos unha nova palabra para explorar: 

guindastre

 


Na nosa cidade son fáciles de atopar. Participa para que o noso tesouro non pare de medrar!

 

martes, 17 de marzo de 2026

mércores, 25 de febreiro de 2026

Nova palabra para rescatar

Continuamos co noso proxecto de O tesouro das palabras. Queres ser un rescatador ou rescatadora? 


 Se non coñeces esta nova palabra, achégate á biblioteca!

martes, 14 de outubro de 2025

Radio na biblioteca

Este curso comezaremos a empregar a radio. Será unha boa forma de traballar a expresión oral. 


 

mércores, 24 de setembro de 2025

Decoramos a biblioteca

Queremos que nos axudes a decorar a biblioteca. Xa sabes que a temática deste curso é o mar.


 Participa no obradoiro de decoración. Revisa os horarios:


 


xoves, 18 de setembro de 2025

En breve, comeza a travesía

Este novo curso 2025-2026 trae algunhas novidades na nosa biblioteca. Pouco a pouco iredes coñecéndoas.


 

mércores, 19 de marzo de 2025

venres, 7 de marzo de 2025

A mellor visita

A biblioteca é o sitio das viaxes, das aventuras e das emocións. Por iso os nosos leonciños e leonciñas veñen moitos días de visita para coñecer novos mundos e converterse en grandes lectores.


 

luns, 3 de febreiro de 2025

Literatura e cine

Queremos ofrecer aos lectores maiores algúns títulos que tamén foron levados á gran pantalla.

Aquí vos deixamos unha mostra. 


 Ti elixes: literatura ou cine?

domingo, 26 de xaneiro de 2025

Wonder

O equipo da biblioteca quere presentarvos unhas novidades: La lección de August e La historia de Julian. Son dúas perspectivas sobre uns mesmos acontecementos relacionados co acoso escolar.




mércores, 11 de decembro de 2024

Recomedacións para este Nadal

Achéganse as datas do Nadal e queremos compartir con todas e con todos vós as nosas recomendacións lectoras e tamén de xogos.


 Deixade voar a imaxinación!

domingo, 5 de maio de 2024

Primeiros xogos


Queremos que a biblioteca sexa un lugar de encontro. Os nosos leonciños téñeno moi claro e por iso visitan sempre que poden este espazo. 

Hoxe preséntanvos Primer frutal, un xogo no que entre todos teñen que conseguir que o corvo non gañe.


 







mércores, 24 de abril de 2024

Tableta dixitalizadora e máquina de chapas

Estas semanas previas ao Día do Libro o alumnado puido aprender a deseñar coa tableta dixitalizadora. Con ela probaron a facer diversos debuxos. Outros grupos colaboraron coa produción das chapas que estamos agasallando esta semana.


 



xoves, 11 de abril de 2024

Xogamos con Carrera de letras

Esta semana queremos presentarvos o xogo Carrera de letras. 

Serán algunhas alumnas das maiores de primaria as que se van encargar desta tarefa con este vídeo que gravaron para vós:


 

xoves, 21 de marzo de 2024

Sopra neste furadiño

Os nosos leonciños visitan habitualmente a biblioteca, é un espazo que os motiva e no que se atopan cómodos.

Esta semana xogaron con Sopra neste furadiño, de Antón Cortizas, coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas. 

E así sopraron...




domingo, 3 de marzo de 2024

Infantil na biblioteca

Os nosos leonciños son moi felices cando veñen á biblioteca. Xa van creando os seus gustos e van escollendo en función deles.


 


domingo, 28 de xaneiro de 2024

mércores, 10 de xaneiro de 2024

Novos títulos

Xa chegou o novo ano e con el iremos incorporando ao noso catálogo novos títulos que queremos presentarvos.

Hoxe é a quenda dalgúns libros destinados ao alumnado que non coñece o castelán ou que está en proceso de aprendizaxe. Seguro que tamén os lerán outros compañeiros, porque prometen grandes aventuras!



mércores, 13 de decembro de 2023

Novo blog


Unhas semanas antes de rematar este primeiro trimestre, queremos presentarvos a todas as familias a nosa biblioteca. 

Intentaremos compartir con vós imaxes de actividades que vaiamos levando a cabo, así como recomendacións literarias.

Esperamos acompañar o noso alumnado nesta paixón pola lectura!


Onte, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha actividade moi especial na que unimos dous grandes protagonistas da vida do nos...