sábado, 23 de maio de 2026

Lemos na biblioteca

Xa sabedes que os nosos  leonciños devecen por vir á biblioteca. Desta volta, achegáronse a unha historia moi especial con El libro negro de los colores. A través das súas páxinas negras e das ilustracións en relevo, descubriron que as cores tamén se poden sentir, ulir, saborear e imaxinar. 

 


Este álbum invítanos a mirar máis alá dos ollos e a empregar todos os sentidos.

xoves, 21 de maio de 2026

Sabes quen é Flanagan?

Traémosvos unhas recomendacións lectoras para quen lle gusten as historias de detectives. En todas elas, o protagonista é Flanagan. Queres coñecelo?

Achégate á biblioteca.

venres, 15 de maio de 2026

Como medrou o noso tesouro!

Todas as linguas son un tesouro. 

Aquí vos presentamos o último vídeo do proxecto "O tesouro das palabras" impulsado desde a biblioteca e o EDL.


 

xoves, 14 de maio de 2026

Obradoiro de marcapáxinas

Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño

Achégate á biblioteca e decora o teu marcapáxinas.


 

mércores, 6 de maio de 2026

Biblioteca Mulleres de Palabras

Durante este mes, teremos á vosa disposición a biblioteca ambulante Mulleres de Palabras, grazas á Deputación de Pontevedra.

Podedes achegarvos á historia de mulleres relacionadas coa música, coas artes plásticas, coa literatura… E tamén gozar coa súa poesía ou narrativa.


Os leonciños na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Moi preto do noso colexio está a Biblioteca Xosé Neira Vilas . Hoxe os nosos leonciños achegáronse ata alí e coñeceron novos libros e seguir...