xoves, 30 de abril de 2026

Como medra o noso tesouro!

O noso alumnado segue participando nesta iniciativa impulsada desde o Equipo da Biblioteca e o EDL: O tesouro das palabras.

Nesta aventura as palabras cobran vida. Deixámosvos este vídeo no que demostran que a lingua é un verdadeiro tesouro que cómpre coidar e compartir.


 

E xa vos propoñemos as últimas palabras coas que ides ter que xogar!


 



 

mércores, 29 de abril de 2026

Queres colaborar con nós?


O Equipo da Biblioteca está interesado en coñecer os teus hábitos de lectura e saber que che gustaría atopar na biblioteca do colexio.

Anímaste a participar nesta enquisa?

ENQUISA

 


 


venres, 24 de abril de 2026

Era unha vez un dominó

Esta semana, na nosa biblioteca, celebramos o Día do Libro tamén escribindo as nosas propias historias. Para iso botamos man do xogo Era unha vez un dominó, de Ledicia Costas.

A través de tarxetas con situacións e personaxes, o alumnado deixou voar a imaxinación para crear novos mundos.



xoves, 23 de abril de 2026

A Terra tamén se le

Os nosos leonciños traballaron co álbum Nós estamos aquí, de Oliver Jeffers, con motivo do Día da Terra e o Día do Libro.

Despois experimentaron na mesa sensorial recreando a nosa Terra.



Os mozos tamén len?

Na ESO están a ler Golpes de luz, de Ledicia Costas. E queren aproveitar esta Semana do Libro para compartir un anaco desta obra:



Día do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro.

Na biblioteca, durante esta semana o alumnado participou no concurso “Adiviña o título”, e houbo moita curiosidade e ganas de descubrir! Cantos títulos conseguirían adiviñar?

Agora podedes achegarvos á biblioteca e levar algún destes títulos en préstamo.



domingo, 19 de abril de 2026

Adiviña o título

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro

Achégate durante esta semana á túa biblioteca e poderás demostrar se es quen de adiviñar os títulos dos libros que che propoñemos en imaxes.


 

 

luns, 6 de abril de 2026

Seguimos atesourando palabras

O noso proxecto O tesouro das palabras continúa medrando grazas á participación do alumnado. Queremos compartir unhas novas achegas feitas por varios alumnos e alumnas, que seguen investigando e descubrindo palabras do noso idioma.

 

Ademais, propoñemos unha nova palabra para explorar: 

guindastre

 


Na nosa cidade son fáciles de atopar. Participa para que o noso tesouro non pare de medrar!

 

Como medra o noso tesouro!

O noso alumnado segue participando nesta iniciativa impulsada desde o Equipo da Biblioteca e o EDL: O tesouro das palabras . Nesta aventura ...