Amosando publicacións coa etiqueta polos creativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta polos creativos. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de marzo de 2026

Construímos con Kapla

Dentro das actividades de Polos Creativos, o alumnado de Infantil achegouse á biblioteca para traballar co xogo de construción Kapla, un material manipulativo que invita a imaxinar, probar e construír.

Exploraron diferentes formas e estruturas, colaboraron entre eles e desenvolveron a creatividade, a concentración e o pensamento espacial.


 

A través do xogo, descubriron que a biblioteca non é só un lugar para ler, senón tamén un espazo onde aprender facendo.

xoves, 30 de outubro de 2025

Oh, Samaín!

Houbo máis creacións literarias ao redor da data do Samaín. Aquí vos deixamos unha mostra:

 

E tamén podedes escoitar como recitan:

E desta volta o equipo de Polos Creativos quixo preparar o agasallo. Recibiron cadanseu marcapáxinas do Samaín:




martes, 10 de xuño de 2025

Obradoiro de marcapáxinas

En colaboración co Equipo de Polos Creativos, organizamos un obradoiro de marcapáxinas. 

O equipo de polos gravou as bases dos marcapáxinas cun motivo relacionado coas pandeireteiras, ás que se lles dedicou o Día das Letras Galegas. 



xoves, 15 de maio de 2025

Gañadoras do reto matemático

 Levabades tempo esperando a que resolvésemos o reto matemático. Aquí vai:

Xa vos anunciamos pola mañá quen foron as gañadoras. As catro alumnas son de 2.º da ESO. Parabéns!


Cos agasallos colaborou o Equipo de Polos Creativos do colexio.

Onte, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha actividade moi especial na que unimos dous grandes protagonistas da vida do nos...