Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de outubro de 2025

Petiscos literarios

Hoxe a media mañá ofrecemos uns petiscos na biblioteca, uns petiscos literarios.


 

Saborearon unhas adiviñas relacionadas con estas datas do Samaín e do Magosto. Poderedes adiviñalas?



Oh, Samaín!

Houbo máis creacións literarias ao redor da data do Samaín. Aquí vos deixamos unha mostra:

 

E tamén podedes escoitar como recitan:

E desta volta o equipo de Polos Creativos quixo preparar o agasallo. Recibiron cadanseu marcapáxinas do Samaín:




Escrit-aín

Todas as datas son boas para facer voar a nosa imaxinación, como o Samaín. Desta volta, o alumnado participou no Escrit-aín, con poemas, microrrelatos, haikus, caligramas e relatos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das súas creacións:

 

Tamén podemos escoitar algúns dos textos:


 

E os creadores dos textos máis arrepiantes levaron premio:


 

mércores, 1 de outubro de 2025

É tempo de... outono

As nosas recomendacións para este outono veñen cheas de bruxas, meigos, monstros ben curriños, misterio… e moitas aventuras.




luns, 4 de novembro de 2024

Polo Samaín, as profes recomendan...

As profesoras de Lingua galega e Literatura quixeron compartir a súa recomendación lectora relacionada con esta data do Samaín. Trátase da novela de María Solar, Adeline, publicada por Xerais.

 

Gozade coa lectura!

Onte, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha actividade moi especial na que unimos dous grandes protagonistas da vida do nos...