mércores, 5 de novembro de 2025

É tempo de… ciencia

Novembro é o mes da ciencia nas bibliotecas escolares. Quixemos reunir algúns libros divulgativos e outros de ficción sobre esta temática no mesmo recuncho para que poidades botarlles unha ollada.



luns, 3 de novembro de 2025

Día da Lectura

O día 3 de novembro é o Día da Lectura.

Seguindo o Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información, queremos propoñervos unha cita a cegas cun libro.

Atrevédesvos a deixarvos levar pola sorpresa?, a non xulgar un libro pola cuberta?


 

Xogando no Samaín

O alumnado de infantil visitounos durante o Samaín. Estiveron xogando a La escalera encantada, coas súas pantasmas. 



É tempo de… ciencia

Novembro é o mes da ciencia nas bibliotecas escolares. Quixemos reunir algúns libros divulgativos e outros de ficción sobre esta temática n...