sábado, 28 de febreiro de 2026

A mellor sopa do mundo

Esta semana visitáronnos os leonciños. Compartimos a lectura de A mellor sopa do mundo e descubrimos o gran segredo: a importancia de compartir momentos xuntos.

 
 

 



mércores, 25 de febreiro de 2026

Nova palabra para rescatar

Continuamos co noso proxecto de O tesouro das palabras. Queres ser un rescatador ou rescatadora? 


 Se non coñeces esta nova palabra, achégate á biblioteca!

martes, 24 de febreiro de 2026

Primeiros vídeos de O tesouro das palabras

Xa están a chegar os primeiros vídeos dos rescatadores e rescatadoras de palabras. Irémolos amosando para que vos animedes a participar!


 

luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro, data na que se conmemora o nacemento da nosa escritora.

Queremos compartir con vós algunhas actividades levadas a cabo polo noso alumnado: inspiráronse no estilo pop de Andy Warhol, transformaron poemas en imaxes, recitaron, escribiron acrósticos co seu nome…




venres, 20 de febreiro de 2026

Día Internacional da Lingua Materna

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna e nós quixemos celebrar a diversidade que nos enriquece.

O equipo da biblioteca e o EDL preparamos un vídeo do poema "Adiós, ríos; adiós, fontes", de Rosalía de Castro. Podedes escoitar cada estrofa nunha lingua diferente. Cada lingua é unha maneira de sentir, de lembrar e de nomear o mundo.


 

 

mércores, 11 de febreiro de 2026

Rescatando palabras

Seguimos coa nosa misión de rescatar palabras para vós. 

Desta volta, a palabra é:

ACUBILLO

Tamén vale:

ACUBILLAR

Esperamos os vosos vídeos, audios ou textos. Xa sabedes!!


 


Día da Nena e Muller na Ciencia

O 11 de febreiro é o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia.

Para conmemorar esta data, desde a biblioteca preparamos unha mochila chea de libros divulgativos sobre mulleres que deixaron pegada no ámbito científico.

O noso alumnado mergullouse nestas lecturas, investigou, buscou información e descubriu referentes femininos que cambiaron o mundo coa súa curiosidade e talento.


 

Estes son os referentes que queremos para o voso futuro.

luns, 9 de febreiro de 2026

O primeiro tesouro

A primeira palabra que rescatamos para vós neste O tesouro das palabras é: 

meu ou cho!

Xa sabedes, a preparar a vosa idea para compartir con nós. 




domingo, 8 de febreiro de 2026

O tesouro das palabras

Desta volta, xuntámonos o Equipo da Biblioteca co Equipo de Dinamización da Lingua (EDL) para propoñervos un pequeno proxecto:

O TESOURO DAS PALABRAS

 Queremos que amosedes o voso dominio da lingua e a vosa creatividade.

Imos rescatar para vós palabras, algunhas serán descoñecidas, outras igual non as usades moito e outras seguro que xa as manexades. Tedes que procurar o seu significado e preparar un texto (relato, poesía, exposición…), un audio ou un vídeo no que empreguedes eses termos.

Despois só vos queda enviarnos o resultado a 

  • bibliotecaqdl@gmail.com
  • dinamizaleon@gmail.com

Se non coñecedes algunha palabra, achegádevos á biblioteca!

Ánimo!!

A mellor sopa do mundo

Esta semana visitáronnos os leonciños. Compartimos a lectura de A mellor sopa do mundo e descubrimos o gran segredo: a importancia de compa...