xoves, 21 de marzo de 2024

Sopra neste furadiño

Os nosos leonciños visitan habitualmente a biblioteca, é un espazo que os motiva e no que se atopan cómodos.

Esta semana xogaron con Sopra neste furadiño, de Antón Cortizas, coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas. 

E así sopraron...




venres, 15 de marzo de 2024

Obradoiro na biblioteca

Esta semana tivemos o noso obradoiro de Akira Toriyama na biblioteca. O alumnado fixo os seus marcapáxinas dos personaxes de Bólas de dragón e de Doutor Slump.


domingo, 10 de marzo de 2024

Obradoiro de marcapáxinas

Esta semana organizamos na biblioteca uns obradoiros de marcapáxinas para recordar uns personaxes creados por Akira Toriyama.


Esperámosvos!
 

domingo, 3 de marzo de 2024

Infantil na biblioteca

Os nosos leonciños son moi felices cando veñen á biblioteca. Xa van creando os seus gustos e van escollendo en función deles.


 


Novidades da primavera

Compartimos con vós as novidades que temos na biblioteca:   Hai narrativa, banda deseñada e libros informativos para diferentes idades.  Vis...