E imos co último título desta triloxía de Raina Telgemeier: Coraje, coa voz de Sara, Lía e Carolina.
Felices lecturas!domingo, 30 de xuño de 2024
sábado, 29 de xuño de 2024
Hermanas
As nosas alumnas Carolina, Sara e Lía preséntanvos hoxe un anaquiño de Hermanas. Outra novela gráfica de Raina Telgemeier que vos recomendan.
venres, 28 de xuño de 2024
¡Sonríe!
Antes de rematar este curso, queremos compartir con vós un anaquiño da banda deseñada ¡Sonríe!, primeiro libro dunha triloxía de Raina Telgemeier.
Lía, Sara e Carolina déronlles voz aos personaxes dalgunhas páxinas.
Estade atentos, porque tamén compartiremos un anaquiño dos outros dous títulos!
xoves, 20 de xuño de 2024
Hoxe xogamos a... Piko Piko Junior
Aquí, entre hamburguesas de vermes, chegamos hoxe con Piko Piko Junior.
Este é un xogo co que os máis pequenos poden ir aprendendo nocións de conteo, pero ademais diso, van ter que tomar decisións e prestar atención aos dados que van saíndo e ás fichas que teñen os contrincantes.
xoves, 13 de xuño de 2024
Similo Fábulas. Como se xoga?
Un pequeno grupo de 3.º da ESO preparou un vídeo no que explica como xogar a Similo Fábulas. É un xogo cooperativo no que a través dunhas pistas debemos descubrir o personaxe elixido.
luns, 3 de xuño de 2024
Los hombres lobo de Castronegro. Como se xoga?
O grupo de 4.º da ESO animouse a explicarnos como se xoga a Los hombres lobo de Castronegro. Aquí tedes o resultado.
Proximamente, amosarémosvos unha partida...
Xogando a... Match Madness
Continuamos presentando os vídeos que prepararon algúns alumnos e alumnas cos xogos que poden atopar na biblioteca. Desta volta é a quenda d...

-
O alumnado de 2.º da eso achegouse á biblioteca para recitar as súas creacións dadaístas a partir do poemario Ninguén morreu de ler poesía ...
-
Na mesa de novidades da nosa biblioteca, xa podedes ver Tintín e Astérix e Obélix en inglés.
-
Pola conmemoración do 25 de novembro, a profe Vero achéganos a súa proposta de lectura. Trátase do álbum Artur e Clementina . Semella un lib...