Pola conmemoración do 25 de novembro, a profe Vero achéganos a súa proposta de lectura. Trátase do álbum Artur e Clementina. Semella un libro para un público infantil, pero non deixará indiferente tampouco a ningún adulto.
Ven á biblioteca se o queres ler!venres, 22 de novembro de 2024
Recomendación da profe Ana para este 25 de novembro
En relación coa conmemoración do día 25 de novembro (Día internacional da eliminación da violencia contra a muller), a profe Ana fainos un par de recomendacións.
Gozade coa súa lectura!mércores, 13 de novembro de 2024
Os nosos maiores recomendan...
Chegou a quenda da recomendación dos nosos maiores. A obra escollida para estas datas é a triloxía Apocalipsis Z, de Manel Loureiro.
Despois da lectura, podedes achegarvos á adaptación cinematográfica do primeiro dos títulos: El principio del fin.
Gozade coa súa lectura.
venres, 8 de novembro de 2024
Recomendación do profe Nilo e o seu grupo
O profe Nilo e o seu grupo de 6.º de primaria recomendan ler nestas datas do Samaín a novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas.
Ademais de amar a lectura, quererán ser grandes cociñeiros, igual ca Román.
luns, 4 de novembro de 2024
Polo Samaín, as profes recomendan...
As profesoras de Lingua galega e Literatura quixeron compartir a súa recomendación lectora relacionada con esta data do Samaín. Trátase da novela de María Solar, Adeline, publicada por Xerais.
Gozade coa lectura!
Día das Bibliotecas
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas co reparto dos novos carnés entre o alumnado.
Visitaron a súa biblioteca, recibiron algunhas indicacións sobre a disposición dos libros nos estantes e presentamos o rastrexador de libros.
Aquí vos esperamos con novidades e recomendacións para todas as idades e todos os gustos!
Novidades da primavera
Compartimos con vós as novidades que temos na biblioteca: Hai narrativa, banda deseñada e libros informativos para diferentes idades. Vis...

-
O alumnado de 2.º da eso achegouse á biblioteca para recitar as súas creacións dadaístas a partir do poemario Ninguén morreu de ler poesía ...
-
Na mesa de novidades da nosa biblioteca, xa podedes ver Tintín e Astérix e Obélix en inglés.
-
Achéganse as datas do Nadal e queremos compartir con todas e con todos vós as nosas recomendacións lectoras e tamén de xogos . Deixade vo...