venres, 25 de abril de 2025

Semana do Libro

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Ao redor desta data realizamos diversas actividades na biblioteca ou nas aulas relacionadas coa escritura e a lectura.

Hoxe compartimos unhas actividades nas que un grupo de secundaria colaborou con compañeiros e compañeiras máis pequenos.

Ata primaria chegaron para ensinarlles a facer un libriño acordeón:


Tamén quixeron acompañar os leonciños e leonciñas para facer uns marcapáxinas:

Nesta actividade tamén colaborou o Equipo de Polos Creativos, que preparou para esta data uns coellos e gravaron a base dos marcapáxinas.


xoves, 24 de abril de 2025

Celebración coa Libraría Cartabón

A Libraría Cartabón, situada moi preto do noso colexio, celebra este ano o seu corenta aniversario. E, con este motivo, agasallounos cun lote de libros marabillosos da Editorial Kalandraka.

Achégate a estas lecturas para seguir soñando!!
 

mércores, 2 de abril de 2025

Festexa con nós o Día do Libro

O Día do Libro celébrase o 23 de abril. Queremos que o festexes con nós compartindo unhas imaxes coma estas:

 


Na actualidade acompáñannos unhas lecturas, pero hai uns anos eran outras. Amósanolas!

Podes participar en solitario, coa túa familia ou con amigos e amigas. Comparte unha imaxe vosa coas portadas das vosas lecturas.

As imaxes podedes facérnolas chegar ao correo: bibliotecaqdl@gmail.com

Xogando a... Match Madness

Continuamos presentando os vídeos que prepararon algúns alumnos e alumnas cos xogos que poden atopar na biblioteca. Desta volta é a quenda d...