O alumnado de infantil visítanos moito: ás veces, para curiosear nos libros ou escoitar grandes historias, e outras veces, para xogar.
Esta é a mellor forma de aprender!
O alumnado de infantil visítanos moito: ás veces, para curiosear nos libros ou escoitar grandes historias, e outras veces, para xogar.
Esta é a mellor forma de aprender!
Continuamos compartindo con vós algunhas actividades que fixemos para festexar o Día do Libro.
Desta volta, temos o alumnado de infantil que trouxo os seus libros favoritos ao colexio para amosárllelos aos compañeiros.
E outros compañeiros e compañeiras, un pouco máis grandes, seguiron a tarefa proposta desde a biblioteca, e compartiron con nós como eran e como son grazas ás súas lecturas.Gardamos todas estas recomendacións. Grazas por acompañarnos nesta data!
Levabades tempo esperando a que resolvésemos o reto matemático. Aquí vai:
Xa vos anunciamos pola mañá quen foron as gañadoras. As catro alumnas son de 2.º da ESO. Parabéns!Cos agasallos colaborou o Equipo de Polos Creativos do colexio.
Tivemos estes días unha visita para ler Era unha vez. A orixe das sereas , de Triqueta Editora . Acompañaron a Teo na súa barca polo mar on...