xoves, 30 de outubro de 2025

Petiscos literarios

Hoxe a media mañá ofrecemos uns petiscos na biblioteca, uns petiscos literarios.


 

Saborearon unhas adiviñas relacionadas con estas datas do Samaín e do Magosto. Poderedes adiviñalas?



Oh, Samaín!

Houbo máis creacións literarias ao redor da data do Samaín. Aquí vos deixamos unha mostra:

 

E tamén podedes escoitar como recitan:

E desta volta o equipo de Polos Creativos quixo preparar o agasallo. Recibiron cadanseu marcapáxinas do Samaín:




Escrit-aín

Todas as datas son boas para facer voar a nosa imaxinación, como o Samaín. Desta volta, o alumnado participou no Escrit-aín, con poemas, microrrelatos, haikus, caligramas e relatos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das súas creacións:

 

Tamén podemos escoitar algúns dos textos:


 

E os creadores dos textos máis arrepiantes levaron premio:


 

luns, 27 de outubro de 2025

Coñecemos outras bibliotecas

Moi preto do noso colexio, está a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Por iso quixemos achegarnos, para que o noso alumnado a coñeza e, de paso, gozar dun obradoiro sobre espionaxe, detectives e códigos secretos.





venres, 24 de outubro de 2025

Día das bibliotecas

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, que este ano se celebra baixo o lema: "Contra a desinformación: bibliotecas".

Para universalizar o acceso aos libros, presentámosvos ELB-E.2, plataforma de lectura dixital para as bibliotecas escolares.

Nestes próximos días, entregarémosvos as vosas credenciais de acceso.

E aquí vos compartimos unha guía sobre ELB-E.2.

 

Descargar documento.

 


luns, 20 de outubro de 2025

Un mar de talentos

Este curso, abrimos a biblioteca pedíndovos colaboración para decorala. 

 Aquí vos deixamos unha mostra do resultado.

 


E xa aproveitamos para avisarvos de que tendes moitos libros sobre esta temática esperando para seren lidos. Mergulládevos na lectura!



 

martes, 14 de outubro de 2025

Radio na biblioteca

Este curso comezaremos a empregar a radio. Será unha boa forma de traballar a expresión oral. 


 

xoves, 2 de outubro de 2025

Lingua e música

Esta semana achegouse ata a biblioteca un grupo dos maiores. Escoitaron unha canción e traballaron a súa letra. Así entre dicionarios e boa música transcorreu a xornada.


 

mércores, 1 de outubro de 2025

É tempo de... outono

As nosas recomendacións para este outono veñen cheas de bruxas, meigos, monstros ben curriños, misterio… e moitas aventuras.




A orixe das sereas

Tivemos estes días unha visita para ler Era unha vez. A orixe das sereas , de Triqueta Editora . Acompañaron a Teo na súa barca polo mar on...