Moi preto do noso colexio está a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Hoxe os nosos leonciños achegáronse ata alí e coñeceron novos libros e seguiron unhas pistas… Seguro que serán uns grandes lectores de novela de misterio!
mércores, 17 de xuño de 2026
sábado, 23 de maio de 2026
Lemos na biblioteca
Xa sabedes que os nosos leonciños devecen por vir á biblioteca. Desta volta, achegáronse a unha historia moi especial con El libro negro de los colores. A través das súas páxinas negras e das ilustracións en relevo, descubriron que as cores tamén se poden sentir, ulir, saborear e imaxinar.
Este álbum invítanos a mirar máis alá dos ollos e a empregar todos os sentidos.
xoves, 21 de maio de 2026
Sabes quen é Flanagan?
Traémosvos unhas recomendacións lectoras para quen lle gusten as historias de detectives. En todas elas, o protagonista é Flanagan. Queres coñecelo?
Achégate á biblioteca.venres, 15 de maio de 2026
Como medrou o noso tesouro!
Todas as linguas son un tesouro.
Aquí vos presentamos o último vídeo do proxecto "O tesouro das palabras" impulsado desde a biblioteca e o EDL.
xoves, 14 de maio de 2026
Obradoiro de marcapáxinas
Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño.
Achégate á biblioteca e decora o teu marcapáxinas.
mércores, 6 de maio de 2026
Biblioteca Mulleres de Palabras
Durante este mes, teremos á vosa disposición a biblioteca ambulante Mulleres de Palabras, grazas á Deputación de Pontevedra.
Podedes achegarvos á historia de mulleres relacionadas coa música, coas artes plásticas, coa literatura… E tamén gozar coa súa poesía ou narrativa.
xoves, 30 de abril de 2026
Como medra o noso tesouro!
O noso alumnado segue participando nesta iniciativa impulsada desde o Equipo da Biblioteca e o EDL: O tesouro das palabras.
Nesta aventura as palabras cobran vida. Deixámosvos este vídeo no que demostran que a lingua é un verdadeiro tesouro que cómpre coidar e compartir.
E xa vos propoñemos as últimas palabras coas que ides ter que xogar!
Os leonciños na Biblioteca Xosé Neira Vilas
Moi preto do noso colexio está a Biblioteca Xosé Neira Vilas . Hoxe os nosos leonciños achegáronse ata alí e coñeceron novos libros e seguir...
-
O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, que este ano se celebra baixo o lema: "Contra a desinformación: bibliotecas" . Para unive...
-
O 23 de febreiro conmémorase o Día de Rosalía de Castro . O noso alumnado colaborou coa proposta da biblioteca de darlles voz aos poemas da ...
-
Continuamos presentando os vídeos que prepararon algúns alumnos e alumnas cos xogos que poden atopar na biblioteca. Desta volta é a quenda d...




